Son Carmen, mestra de Infantil. Este blog pretende ser unha porta aberta ao que facemos na aula...

Benvidxs!

smile
Non esquezas os teus comentarios

venres, 11 de setembro de 2020

Comezamos novo curso, con moitas novidades, moitas dúbidas, pero tamén con moita ilusión!

Hoxe foi xornada de reencontro, de novas normas, de máscaras e distancias. Conversamos sobre os nosos tres superpoderes para combater ao virus que afastounos dos bicos e as apertas. As mans limpas, as distancias e as máscaras serán os nosos superpoderes. 

Hoxe limpamos moitas veces as mans, rimos, cantamos,  bailamos, pintamos e aprendemos coas máscaras postas e un monstruo ensinounos como debemos usalas correctamente. Tamén comemos e bebemos descansando a nosa cariña do seu uso.

Xogamos no recreo a correr e pillar. Fixemos asemblea gardando tanto quendas coma distancias, podendo conversar e expresar as nosas vivencias que tanto nos gustan.

Coloreamos con pinturas novas nun estoxo para cada un, e sentimos que o cole volvía a formar parte das nosas vidas.

Grazas, peques, por aprender tan rápido.

Benvid@s, meus!

 






Ningún comentario:

Publicar un comentario