Vídeo felicitación dos meus peques 💝💞

Este ano 2020 que xa despedimos leva unha pandemia que nos cambiou a vida con millóns de abrazos e bicos perdidos.
Pero tamén nos deixou fermosos momentos que posiblemente sen esta pandemia non fosen tan intensos. 
Forxamos un lazo especial os meus peques e eu, da man sempre presente das súas familias, e conseguimos medrar como unha gran familia. Sinto un vínculo afectivo con todxs que se viu reforzado como nunca nesta nova forma de vida que o Covid nos ensinou.
Acabo o ano cun deses momentos especiais que formarán parte da miña "mochila de emocións": a súa videofelicitación do ano.
Non hai suficientes palabras para expresar o meu agradecemento e emoción 💞💞

Comentarios