Conselliños do día
Que podo facer hoxe?
42. Caixa de tesouriños.
Imos aproveitar a fin de semana e o bo tempo para crear a nosa caixa de tesouriños E é que sempre hai tesouriños ao noso ao redor, pero hai que sabelos ver. Cales son os teus?

41.Os gatos miañan, tamén os de papel
Pincha na imaxe para aprender a facelos
40. Experimento con globos
39. Creamos con papel de cociña
Podemos sacarlle moito partido resiguindo as liñas ou ben creando figuras novas.

38. Obradoiro Creativo con Raúl Bermejo
Inventa con collage
37. O nome con obxectos
Trátase de atopar obxectos que empecen con cada unha das letras que compoñen o seu nome.
Exemplo de JULIA:
J-- Jabón
U -- Número un
L-- Libro
I -- Iguana
A -- Arcoiris
Podedes facelo tantas veces como queirades e sobre todo, sempre que eles atópense con ganas.
Tamén podedes ampliar a actividade e facer o mesmo cos nomes dos membros da familia.

36. Construímos unha nave espacial?
Pincha na imaxe para aprender
Podemos sacarlle moito partido resiguindo as liñas ou ben creando figuras novas.

Inventa con collage
37. O nome con obxectos
Trátase de atopar obxectos que empecen con cada unha das letras que compoñen o seu nome.
Exemplo de JULIA:
J-- Jabón
U -- Número un
L-- Libro
I -- Iguana
A -- Arcoiris
Podedes facelo tantas veces como queirades e sobre todo, sempre que eles atópense con ganas.
Tamén podedes ampliar a actividade e facer o mesmo cos nomes dos membros da familia.

36. Construímos unha nave espacial?
Pincha na imaxe para aprender
35. Vexo , Vexo👀.
Primeiro imos buscar distintos obxectos pequenos que atopemos por casa e que poidan entrar na nosa botella ou frasco, como tamén arroz ou confeti para encher. Despois imos metelos na botella e sacudir ben para que todo mestúrese. Agora se xa está lista para que empecemos a buscar!! 👀 A ver que atopamos!. 📝 Tamén poden escribir as cousas que van atopando!
34. Avión caseiro
Pincha na imaxe para aprender a facer un avión a partir dunha pinza da roupa.
33. "Eu falo así"
Rematamos as cancións da semana con "Eu falo así", unha das miñas favoritas de Magín Blanco
32. "Nubes"
Hoxe elexín esta fermosa canción sobre as nubes a as súas maravillosas formas.
31."Os números"
Para cantar e aprender a serie numérica en galego.
30. "Ou iso ou aquilo".
Unha canción coa que aprenderemos diferentes profesións e o valor do esforzo.
29. Nesta semana propoño unha canción cada día para aprender en galego. Hoxe : O galo canta"
28. Ideas para facer con rolo de papel
7. Semáforo caseiro
Pincha na imaxe para seguir os pasos
6. Xogo de obstáculos no corredor
25. Coche de xoguete caseiro propulsado con aire dun globo
24. Pompas de xabón caseiras
23. Figuras con garfos e culleres
Moi fáciles de preparar e axudan a desenvolver habilidades necesarias para a lectoescritura e o pensamento matemático
22.Peiteados
Xa xogamos ás perruquerías e hoxe podemos avanzar facendo peiteidos con fíos, lá, cordas,...
21. Teléfono móvil
Grazas ao móbil, moitas familias podemos seguir en contacto unhas con otras, con familiares, coa profe, etc, nestes tempos de confinamento.
Velaí unhas ideas de como crear o noso propio teléfono personalizado.
20. Obradoiro de Raúl Bermejo: Lámpada de lava
19. Cociña divertida
Chega a fin de semana e podemos convertirnos en axudantes de cociña ou verdadeiros chef. Aquí tedes algunhas ideas de comidas divertidas.

18. Minilibros para o Día do Libro
Non son moi doados de facer, pero con paciencia e axuda estas minilibretas do vídeo poden convertirse nuns libriños moi orixinais e personalizados para lembrar esta conmemoración.
17. Xogo das cadeiras
Seguro que xa o coñecemos. So temos que bailar ao son dunha canción e ir retirando unha cadeira cada vez que a música deixe de soar. O que logre quedar sentado na última cadeira, gaña!
16. Tombar virus
Tamén podeis poñer calquera outro debuxo ou imaxe que teñades por casa. É tan sinxelo como atar un globo e recortar a súa punta inferior, tapar co globo recortado unha parte do rolo do papel hixiénico e a disparar.
15. Xogar coa pintura
Só tedes que mesturala con leite e usar bastoncillos mollados con xabón para crear formas e figuras galácticas.
14. Xogos rítmicos
13. Letras e número no chan
Debuxamos unha letra ou un número no chan con liñas rectas e curvas combinadas. Tomamos así conciencia das formas que teñen! Se tedes un patio con cemento, pódese debuxar con xiz. Se non, con papel ou cartolina pegados ao piso como aparece no vídeo. O dado é unha caixa calquera coas instruccións escritas: seis formas de percorrer a letra ou número: camiñando, correndo, en crequenas, de xeonllos, nun pé e saltando (todas cun debuxiño para saber o que pon). Súper divertido para xogar en familia por quendas.
12. Perruqueiría
Xogamos con tesoiras para mellorar a destreza manual e traballar a motricidade fina coa motivación do xogos de rol, como é a perruquería.
Ademais eles mesmos poden xogar a ir introducindo las nos buracos e estaremos a potenciar aínda máis a coordinación óculo manual, a motricidade fina e a concentración!
11. Debuxos máxicos
Aquí hai un truco "máxico" que pode facerse para entusiasmar aos nen@s. Dobra unha peza dun anaco de papel de cociña e debuxa algo na parte de dentro con rotuladores Dóbrao tapando o debuxo e tírao á auga! O papel absorberá rapidamente a auga e revelará toda a imaxe.
Valeria Montes e Valeria López xa o probaron e encantoulles.
10. Propostas de Raúl Beremejo
Temos varios días por diante, nestas vacacións de Semana Santa, que podemos aproveitar para facer algunha das propostas de Raul Bermejo, o autor do noso diario de Creatividade.
Pincha na imaxe para ver máis.
9. Xogo de construcción
É moi sinxelo de facer, só tedes que pintar os rolos de papel e cortarlles pequenas ranuras para poder encaixalos.
8. Xoguetes atrapados
O objectivo é “rescatar” aos personaxes atrapados e para facelo só terán que despegar a cinta adhesiva que os rodea..
Canta máis cinta, máis complicado será o rescate.
Fonte: https://www.instagram.com/mestraambclasse/?hl=es
7. Instrumentos agochados
Probamos como soan os coxíns, as paredes, os cristais, os xoguetes,.. para convertir o noso dormitorio nunha orquestra.
6. Conxelados
Cando se deteña a canción, quedamos conxelados hasta que siga soando
5. Animalizamos
Imos converter a nosa casa nun bosque, unha selva, un xardín... ou calquera outro hábitat de animais e imaxinamos que somos un animal que escolleremos.
A partir de aí toda a nosa contorna transfórmase: falaremos, camiñaremos, vestirémonos, comeremos, relacionámonos...como o faría o animal no que nos convertemos.
4. Inventamos finais de contos
Xogamos a pensar en contos que coñezamos e ímonos a inventar outros finais, por exemplo:
No conto dos sete cabritillos o lobo era vexetariano e fíxose amigo dos cabritillos.
Pensamos que pasou despois, dramatizamos, debuxamos, facemos unha manualidade, un mural,...
O que se nos ocorra estará ben.
3. Fabricamos acordeóns
1. Frío-quente
Esconderemos obxectos pola casa e xogaremos a atopalos seguindo as pistas de FRÍO (se estamos lonxe de onde está escondido) e QUENTE (se estamos preto )
Comentarios
Publicar un comentario