Comezamos o último trimestre do curso e con el, unha nova unidade con Nuba e os seus amigos que nos ensinarán moitas cousas sobre os medios de transporte e unha nova estación (a primavera). Montarán nun carrusel máxico con trens, avións e barcos. Durante as próximas semanas, aprenderemos moitas cousas sobre os medios de transporte. A primavera ofrécenos moitas posibilidades para coñecer o medio e os cambios que se producen nel durante esta época. Coa chegada da calor modificamos algúns dos nosos hábitos (vestímonos con roupa máis lixeira). Ao noso redor observaremos como a natureza tamén cambia: florecen as árbores, volven os insectos e os animais que hibernan van espertando do seu letargo. Proposta de actividades en familia: Conversas: Os medios de transportes (axudándolles a clasificalos (aéreos, terrestres, marítimos etc..); e as normas de seguridade que hai que ter en cada caso). Os cambios que se producen na primavera: paisaxe, c