Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2016

O noso Samaín en imaxes

Imaxe

Samaín

Imaxe
Familias, pouco a pouco irei repoñendo entradas ao blog das moitas cousas que os vosos peques estiveron facendo nestes días no que eu non poido estar presente, ainda que ben sabedes que, dalgún xeito, teño o pensamento na clase e intento estar ao tanto do que vai pasando, que grazas a Elena, ben sei que todo "vai moi ben". Mentres, déixovos aquí uns recursos do Samaín que podedes utilizar nesta ponte para divertirvos en familia. Pronto máis cousas... "A bruxa Maruxa" é unha fermosa canción que podemos cantar nestes días tan cheos de meiguiñas   XOGO: PREPARÁMONOS PARA O SAMAÍN, CON LANZAMENTOS DE CABAZAS: XOGO: Elixe a túa cabaza e aprende inglés LIM: Aprende xogando co Samaín: PRESENTACIÓN: Fichas para traballar series, números, cores... co tema do Halloween: Halloween

Moli en Xapón

Imaxe
Moli é a mascota deste curso e o que máis lle gusta é coñecer novos sitios do mundo. Nesta primeira aventura viaxamos a Xapón e centraremos as aprendizaxes no eixe da CASA  e a FAMILIA Traballaremos entre outros os seguintes contidos: A casa e a familia: Deixar que colabore na orde da casa, dándolle obxectos para que os coloque nun determinado lugar (zapatos en zapateiro, pano da mesa en caixón, recoller xoguetes, roupa,…).  Observar durante o paseo, os distintos tipos de vivenda e comparalos coa propia  Cuantificadores: todos/algún/ningún. Tamaño: grande/mediano/pequeno. Capacidade: Cheo/baleiro.  Series: 2 elementos e 2 atributos  Formas: O rectángulo Consoantes “l” e “p”. Ler e escribir sílabas do tipo: la, pa, le, pe,... Recoñecer o seu nome escrito entre varios (con minúsculas, salvo a inicial), prestando especial atención ás vogais.  Números 1, 2, 3 e 4: Enumerar conxuntos de 1, 2, 3 e 4 elementos. Realizar a súa grafía. Para saber máis: Que é