Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2017

Entroido

Imaxe
Celebramos o entroido 2017 no noso cole coa temática do circo. Aos nenos e nenas de Infantil tocounos ir de paiasos no que participamos nun desfile pola praza de diente do cole. Antes poidemos merendar os postres típicos de entroido que as familias prepararon para este día. Moitas grazas pola colaboración.    

Hoxe fomos ao espectáculo "Osiño" no Auditorio Gustavo Freire

Imaxe

Obradoiros de Entroido

Decoramos bandeiras, confeccionamos máscaras, debuxamos disfraces e coloreamos monicreques

Imos con Moli a...KENYA

Imaxe
  O mundo dos animais e das plantas é un aspecto importante no coñecemento e no achegamento cara ao medio natural que temos que propiciar nos nenos. Por tanto, nesta unidade preténdese que os alumnos aprendan a valorar os animais e as plantas porque son seres vivos necesarios e útiles para manter o equilibrio natural. Para alcanzar esta finalidade, propoñemos un achegamento a un entorno cultural moi distinto ao seu, como é a vida en Kenya. A través da comparacións dos seres vivos da sabana africana cos da contorna próxima e mediante o coñecemento dalgúns animais en perigo de extinción, desenvolveranse actitudes de coidado, respecto e cariño cara aos seres vivos. Descubriremos, ademais, a vida dos masais. Ao comparar os costumes masais cos propios, ampliarán o vocabulario e o coñecemento que teñen sobre os seus propios costumes, espertaremos o seu interese por aprender e valorar outras culturas, e iniciaranse no respecto aos demais.  UNIDADE DIDÁCTICA 3: Baixo a

Na clase de informática

Imaxe
Visitamos á aula de informática e fixámonos como se acende e apaga o ordenador e poidemos facer algún debuxo no Paint

Rematamos o eixe de México realizando un autoretrato como os de Frida Kahlo

Imaxe
Frida Kahlo foi unha pintora e poetisa mexicana e os seus autorretratos forman parte da súa obra máis significativa. Aprendemos o que son os autorretratos e fixemos o noso particular.

O noso San Valentín

Imaxe
Neste día de San Valentín quixemos facer corazóns para os que máis queremos, como papá, mamá,... Levamos os corazóns para casa para agasallar e cantar esta canción que aprendemos.