Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2017

Hoxe participamos na celebración do 400º aniversario do nacemiento do carisma vicentino, no día de San Vicente de Paúl

Imaxe
Zoe representou á nosa clase na celebración. A continuación percorrimos os corredores do cole para coñecer a historia de San Vicente que estaba exposta cos debuxos realizados por todos os cursos. Finalmente poidemos soprar a vela da nosa particular "torta de aniversario".

Arte e matemáticas

Imaxe
As figuras xeométricas poden dar moito xogo para fomentar a creatividade. Podémonos inspirar en obras de moitos artistas pero as nosas propias creacións resultaron fantásticas!

Escritura ligada

Imaxe
Temos todo un curso por diante para poder traballar a lectoescritura e a letra cursiva e ligada van formar parte dese traballo

Decoración no período de adaptación

Imaxe

Cumple de Lucas! Parabéns para ti!

Imaxe

Visitamos as principais dependencias do noso cole

Imaxe
Hoxe percorremos as dependencias do centro e conversamos sobre a función de cada unha. Despois na aula identificamos diferentes obxectos relacionados con algunha das dependencias visitadas e xogamos a adiviñar a que lugar pertencían : un diccionario da clase de 6º de primaria, un libro da biblioteca escolar e un rato da aula de informática.

Período de adaptación

Imaxe
Aínda que xa estiveron escolarizados anteriormente, o comezo dun novo curso esperta tamén expectación no alumnado de cinco anos. Non adoitan ter dificultades para adaptarse ao colexio, encántalles encontrarse cos seus compañeiros e compañeiras do curso pasado, descubrir a súa nova clase e colaborar na organización dos diferentes espazos. Hai que darlles tempo para que poidan coñecer e aceptar as normas. Necesitan familiarizarse coa organización das rutinas e a distribución das actividades para desenvolver a súa seguridade e adaptarse aos espazos, aos compañeiros e aos adultos, todo isto enmarcado no PERÍODO DE ADAPTACIÓN. Durante o desenvolvemento do período de adaptación preténdese que os nenos consigan os seguin­tes logros:  Identificar e recoñecer o centro. Mostrar respecto polos traballos que realizan os profesionais do centro. Observar e explorar a súa contorna física e social: o colexio (dependencias, profesionais, etc.)  Recoñecer o nome dos compañeiros.  

Aprendizaxe cooperativa: Adhesivos ao centro

Imaxe
Retomamos o traballo en equipo a través dunha das estructutas máis coñecidas do pasado curso para "refrescar"este medio de aprendizaxe.

Entrevista a Aris

Imaxe
Por que levas zapatos vermellos? Cal é a túa comida favorita? Por que levas unha lúa no vestido?... son algunhas das preguntas que saíron da entrevista que lle fixemos ao noso novo personaxe motivador: Aris

Comezamos novo curso 2017-18!

Imaxe
Nova mascota, nova clase, ... moito por descubrir! Benvidos e benvidas de novo!