Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2017

O noso Samaín 2017

Imaxe
Moitas grazas, familias, pola vosa colaboración!

O dente de Zoe

Imaxe
Os dentes de leite empezan a caerse a partir dos 5 anos de idade e por iso é habitual que na clase de 6º de Infantil prodúzanse situacións como a que hoxe lle pasou a Zoe. O seu primeiro dente caeu no recreo e tivemos moita sorte de poder atopalo para poder deixarllo esta noite ao ratiño Pérez.

Visita á Biblioteca Pública de Lugo

Imaxe

Obradoiro de outono

Imaxe
Recollemos follas secas do chan do xardín para facer unha composición de "animais fantásticos de outono".

Cumple de Dani! Parabéns para ti!

Imaxe

Novas manualidades de Martina sobre a Antiga Roma feitas en arxila branca

Imaxe
(SPQR)"Senatus Populus Que Romanus" Estas siglas eran a identidade de Roma, e usábase en moedas. Era estandarte das lexións e tamén estampábanse en monumentos. Actualmente seguen estando no escudo da cidade de Roma e pódense ver en moitas partes do municipio. Moeda de ouro do Emperador Augusto

Hoxe tivemos unhas aportacións moi interesantes sobre a Antiga Roma da man de Martín e Santiago

Imaxe
Martín mostrounos o seu libro interactivo de historia con Danonino e poidemos escoitar e interactuar na páxina do Imperio Romano. O libro de Santi mostrounos como eran os monumentos romanos que na actualidade se conservan comparándoos cós da súa orixe.

Cumple de Leo. Parabéns para ti!

Imaxe

Casco de lexionario romano de Mauro e mural sobre inventos romanos de Sofía

Imaxe

Outono

Imaxe
Decoramos a clase de outono

Escudo de Dani para o recuncho de Roma

Imaxe

Novos murais para o recuncho da Antiga Roma

Imaxe
Candela e os número romanos              Daniela e a sociedade e arquitectura

Aportación de Daniela

Imaxe
Daniela trouxo a súa manualidade romana: un escudo e unha espada dun lexionario

O recuncho de Roma vai medrando!!

Imaxe
Grazas pola creatividade e o traballo que aportades, familias. Estou realmente sorprendida,encantada e agradecida polas vosas aportacións! Jose fixo un traballo de investigación polo Lugo romano e plasmouno nun completo mural da nosa cidade                                                                                                                                                                                                  Brais recreou con barro a nosa Mosquera da muralla romana                                                           Leo reconstruíu un colorido anfiteatro romano Martina aportou un fermoso e laborioso mosaico Laura móstranos o seu libro sobre os gladiadores  Lucas ensínanos unha moeda romana

Recursos para saber máis da Antiga Roma

Imaxe
Escoita como era a vida dun neno romano: AQUÍ Escoita como era a vida dunha muller romana: AQUÍ Escoita a un peregrino falar da sociedade romana: AQUÍ Escoita como é a vida dun escravo romano: AQUÍ Fonte: EDUCACAIXA.COM Fonte: http://cuartodecarlos.blogspot.com.es/2016/05/los-romanos-en-la-peninsula.html ROMA PARA NENOS: AQUÍ Puzzles: AQUÍ

Policubos

Imaxe
Os policubos son uns pequenos cubos que se enganchan uns cos outros e que permiten traballar diferentes áreas matemáticas. Algunhas das vantaxes deste material: É un material atractivo coas cores das regretas.  Traballa a motricidade fina. Moi visual.  Xera un xogo libre moi rico. Son tan versátiles que coa imaxinación que teñen os nenos poden construír todo tipo de cousas ou utilizalos para as cousas máis sorprendentes. É un material que permite suxerir actividades de investigación. Pódense facer tanto actividades sinxelas como outras bastante complexas, así que serve para moitas etapas educativas. As actividades que hoxe realizaron con eles foron elaborar unhas torres de policubos ordenadas por cantidades ascendentes do 1 ao 10 formando unha escaleira A continuación un neno escondeuse mentres eu sacaba unha das torres Finalmente debería adiviñar cal era a torre que faltaba e rodear o número correspondente no encerado  Para xogar: