Somerxerémonos na cultura dos incas para traballar a alimentación, o corpo e o universo. Imaxinar un dos lugares máis emblemáticos, o Machu Pichu, un sitio ideal para favorecer o desenvolvemento dos sentidos partindo dos elementos característicos dunha paisaxe moi peculiar. Podemos observar as cores das plantas, escoitar o son do vento e o canto dos paxaros, aspirar o aroma do café, sentir o tacto dos tecidos de alpaca e gozar do sabor característico dos alimentos que cultivaban. Os nenos descubrirán que moitos dos alimentos naturais de consumo habitual xa os cultivaban os incas. Isto permitiralles reflexionar e conversar sobre a nosa alimentación e achegarse un pouco máis a ela. Os incas observaban o ceo e rexíanse pola regularidade dos astros para realizar as actividades agrícolas. Deste modo adquiriron coñecementos astronómicos que converteron en fontes moi importantes de poder. Os logros que os alumnos deben alcanzar son: Identificar algúns alimentos típicos dout