Novo traballo de Daniela centrado no Machu Picchu, para o recuncho dos Incas. Machu Pichu, situada a 2 490 metros de altura, foi un centro urbano destacado. Pénsase que era a residencia de descanso do Sapa Inca Pachacútec, e que serviu como centro relixioso e observatorio astronómico. Os incas aproveitaron ao máximo o terreo montañoso para o cultivo. Os produtos obtidos eran moi variados: patacas, millo, pementos, cacahuete, cabazas, camotes (batata), poroto (feixóns), cogombros, tomates, lúcuma, papaia, etc. Así mesmo cultivaban a quinoa, que consideraban un alimento sagrado e empregaban tamén como medicamento.