Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2018

Astronomía

Imaxe
Os tarpuntaes eran sacerdotes incas dedicados a obsevar o ceo. Martina ensinounos un fantástico telescopio e as distintas constelacións para observar, nunha fantástica manualidade feita en familia. Paloma aportou un impresionante Sistema Solar con plastilina

Día da Paz 2018

Imaxe
Solo tres letras, tres letras nada más, solo tres letras que para siempre aprenderás. Solo tres letras para escribir PAZ. La P, la A, y la Z, solo tres letras. Solo tres letras, tres letras nada más, para cantar PAZ, para hacer PAZ. La P de pueblo, la A de amar y la zeta de zafiro o de zagal. (De zafiro por un mundo azul, de zagal por un niño como tú.) Gloria Fuertes Hoxe celebramos o Día escolar da non violencia e a Paz 2018 con todo o alumnado do noso cole: cantamos cancións, tivemos monicreques que nos contaron unha historia da Paz e pasamos unha xornada coa nosa pomba da paz pegada a nós

Galletas de Sara

Imaxe
Un dos contidos de traballo do eixe globalizador o corpo e os alimentos, e a identificación de alimentos naturais e elaborados. Nesta línea conversamos sobre a elaboración de pan, galletas,... Sara hoxe aportou os ingredientes e o resultado final dunhas riquísimas galletas feitas na súa casa coa súa nai.

Unidades de medida naturais

Imaxe
Hoxe xogamos a medir utilizando algunhas unidades de medida naturais: os dedos para medir a nosa cara, as mans para medir a mesa, os pés e os pasos para medir a alfombra,...Experimentamos  que non son medidas exactas, senón que cambian dun neno a outro, e que por iso se inventaron instrumentos para medir.

Recuncho do corpo humano

Tivemos moitas aportacións para poder estudar máis o corpo humano Recuncho do corpo humano de Carmen R Lage

Dente de Jose

Imaxe
A Jose hoxe caeulle o seu primeiro dente. Gardámolo para que esta noite poida deixarllo ao ratiño Pérez.

Cumple de Santi! Parabéns para ti!

Imaxe

Cumple de Diego! Parabéns para ti!

Imaxe

Dentes para o Ratiño Pérez!

Imaxe
Nestas vacacións de Nadal o Ratiño tivo traballo cos dentes que caeron aos compañeiros, moitos chegaron con oquiños na súa dentadura. A Martina, hoxe, un deles caeulle na clase. Algunha sorpresa terá baixo a súa almofada!

Os Reis Magos tamén pasaron pola nosa clase!!!

Imaxe
Ao pouco de chegar hoxe ao aula, puidemos descubrir un agasallo que os Magos deixaron para todos nós. Abrimos o contido con emoción e... Sorpresa! Ben saben eles como nos gusta o chocolate!

Comezamos o 2º trimestre deste curso coa actividade "Xoguetes dos Reis"

A través da dinámica de Apredizaxe Cooperativo "a entrevista", por parellas, descubrimos cales foron os regalos de Reis da nosa parella, para expoñer logo na asemblea. Finalmente compartimos xogos con algún deles. Xoguetes dos Reis de Carmen R Lage