Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2018

Novos murais para o recuncho dos descubrimentos

Imaxe
O mural de Brais é das tres carabelas de Cristóbal Colón O mural de Candela, do seu barco pirata

Animais da granxa

Imaxe
Martina aportou para o recuncho de animais e plantas unhas fermosísimas manualidades de animáis da granxa.

Dente de Brais

Imaxe
Brais xa levaba uns días anunciando que tiña un novo dente próximo a caer e así foi. Gardámolo para que esta noite poida deixarllo ao ratiño Pérez.

Sementar, sementarei!

Imaxe
Con motivo do eixe globalizador animais e plantas, imos experimentar o ciclo de vida das plantas, os seus coidados e propiedades, con sementeiros de herbas aromáticas: perexil, ourego, coandro. Tamén plantamos rabanitos tendo en conta o seu sinxelo cultivo. Agardaremos impacientes a evolución das sementes.                                                                              

O mural de Daniela e o seu "catalejo"

Imaxe
No mural de Daniela para o recuncho dos descubrimentos poidemos observar unha carabela coa silueta da dunha man e un cuadrante. O cuadrante é un instrumento de navegación que servía para medir a altura dos astros e calcular a latitude a modo de reloxo solar.

Libro de Diego

Imaxe
Hoxe lemos o libro que aportou Diego sobre animais da granxa e aprendemos a debuxar porcos e ovellas

O ciclo da auga

Imaxe
Hoxe estivemos a falar do ciclo da auga. Elaboramos un mural e Sofía explícanos estupendamente neste vídeo.

O globo terrestre de Martina

Imaxe
Esta aportación para o recuncho dos descubrimentos estanos a servir para recoñecer moitas das rutas dos exploradores que partiron de España. Martina sinala onde estamos.

Clasificación dos animais de Martín

Imaxe
Representou nun mural animais herbívoros, carnívoros e omnívoros

Dani e o libro de Picasso

Imaxe
No entroido conversamos sobre Pablo Picasso a partir da obra Os tres músicos e falamos tamén dos retratos cubistas. Dani ensinounos o seu libro Picasso for children para aprender un pouco máis sobre el.

Recuncho do descubrimentos

Imaxe
Hoxe un barco amarrou na nosa clase para inaugurar o recuncho deste novo eixe e Jose foi o primeiro en  darlle forma aportando un compás, un astrolabio, un catalejo e un caderno cos principais colonizadores de América e aparellos que utilizaron nas embarcacións.

O bautismo

Imaxe
Ao bautizarnos pasamos a formar parte da Igrexa e da gran familia dos amigos de Jesús. Na parroquia de San Froilán puidemos observar e conversar sobre a pila bautismal e moitas cousas máis, grazas a Sor Amparo que nos ofreceu a realización desta visita.

Eixe 3 : Época dos descubrimentos

Imaxe
Fixaremos como obxectivos xerais: • Aprender as características xerais da época dos descubrimentos. • Coñecer distintos tipos de animais, plantas, lugares e inventos. • Suscitar o interese por coñecer a historia como medio para comprender o presente. Podes escoitar o conto motivador deste eixe premendo na seguinte imaxe: Código QR do documento