Hoxe reflexionamos sobre a importancia da auga e o seu coidado. Visionamos vídeos sobre o tema, cantamos a canción "Agua es" que tanto nos gusta e finalmente coloreamos unha ficha.
Aproveitamos este día para reflexionar sobre a importancia das árbores para o ser humano, o que nos aportan e como debemos coidalos. Finalmente realizamos unha fermosa manualidade dunha árbore moi creativa.
O fin último da educación debe ser levar o aprendido aos propio intereses e á vida real. Martina explicou no seu conto que no cotidiano hai figuras xeométricas por todas partes e a enorme afección por Harry Potter, permite a Daniela avanzar moito na lectura comprensiva.
Rematamos as actividades programadas polo equipo de Pastoral para recadar fondos solidarios co lema "Almorzos para Haití". Comezamos cos bocadillos solidarios e rematamos ca Canción Misioneira cos compañeiros de Infantil.
Tanto a expresión músical como a expresión plástica estimula a confianza nas propias posibilidades creativas, proporcionando seguridade emocional e control rítmico do noso propio corpo. Encántanos este tipo de actividades!
Para o recuncho dos descubrimentos Diego aportou o seu fermoso barco. Dani trouxo para o recuncho dos animais un divertido libro para crear animais fantásticos con nomes moi creativos!