A invención do teléfono permitiu transmitir, por primeira vez, sons a distancia. O italiano Antonio Meuci inventou o teléfono. En 1860 conseguiu transmitir a voz dunha cantante a certa distancia. Máis tarde, cara a 1871, creou un aparato que permitía comunicar a súa oficina co dormitorio da súa esposa (afectada dunha enfermidade). Intentou patentar o invento, pero os seus escasos recursos impedíronllo. En 1876 Graham Bell e Elisha Gray solicitaron a patente para un dispositivo capaz de transmitir e recibir a voz humana sen interferencias, e concedeullo a Bell. Non obstante, en 2002 o Congreso de Estados Unidos recoñeceu a Meuci como inventor do teléfono.