A finalidade destas visitas é motivar aos alumnos para que adquiran novos coñecementos sobre o funcionamento do Hospital para así valorar e reflexionar sobre os diferentes traballos que se realizan nel. Con esta iniciativa contribúese a que os alumnos perdan o medo ao chegar a un hospital. Vistamos a escola, no salon de actos coñecemos nun vídeo canta xente traballa no hospital, pesámonos, medímonos,... e xogamos cos nosos bonecos a curalos das súas doenzas. Para rematar tomamos unha merenda de zume natural, froitas e sándwiches.