O colexio vai ser, despois das súas casas, o lugar onde os nenos pasen máis tempo. O cole, aínda é un gran descoñecido para eles, tanto no relativo á súa estrutura como ao seu funcionamento. Neste tempo trataremos de crear un clima agradable que lles axude a gozar do colexio e das actividades que se lles presenten, e favorecer e potenciar as relacións afectivas. Tamén é importante estar atentos aos intereses dos nenos para que todos se sintan escoitados, pois pártese dun grupo que non é homoxéneo e é necesario respectar a individualidade de cada neno. Ao final do arco da vella é o conto que nos presenta ás mascotas Nuba e o seu robot Next que nos acompañarán ao longo do curso. Durante este período de adaptación, preténdese que os nenos acaden os seguintes logros: Coñecer o colexio, as súas dependencias e saber orientarse nelas. Saber o nome do docente, do persoal do centro e recoñecer os seus compañeiros. Familiarizarse cos materiais e actividades cotiás. Nu