Neste primeiro eixe motivador traballaremos a Casa, a Familia e o Outono. Falaremos das casas e aprenderemos a diferenciar as dependencias e obxectos asociados a elas segundo as actividades que se levan a cabo en cada una delas. E ao mesmo tempo falaremos sobre as distintas familias, aprendendo a valoralas, identificando aos membros e as relacións de parentesco entre eles. Resaltaremos que todas as familias, por moi diferentes que sexan, comparten uns valores comúns. En todas elas, os seus membros quérense e cóidanse, e nunca poden faltar o cariño, as apertas e os mecos. Durante este eixe preténdese que os nenos alcancen os seguintes logros, en resposta a dúas preguntas fundamentais: Con quen vivo? e Onde vivo? Descubrir que é unha familia. Identificar os membros da súa propia familia. Dialogar sobre as actividades que se realizan en familia. Descubrir os valores que caracterizan a familia. Identificar o lugar onde viven: a casa e as súas dependencia