Hoxe visitamos a aula de informática do cole. Falamos das partes dos ordenadores, das normas básicas no seu uso e xogamos a mover o rato pola pantalla cos xogos do Búho Boo
Hoxe celebramos un día moi importante para o noso cole, a Medalla Milagrosa. Estivemos na igrexa parroquial participando na narración da historia da Medalla, coloreamos un debuxo, tivemos despois merenda de pan con chocolate e finalmente levamos unha medalla en forma de broche de regalo. Milagrosa
Hoxe conversamos sobre a obra do artista alemán Paul Klee chamada Senecio e que representa un rostro humano con estampacións xeométricas de diversas cores. Intentamos imitar esta obra estampando con esponxas.
En Sirabún achégase un traballo do xadrez progresivo ao longo de todo o ciclo de Infantil. En cada idade desenvólvense sesións. Hoxe comezamos co primeiro contacto coas figuras, coñecendo o nome de cada unha delas.
Co ensartado traballamos a motricidade fina desenvolvendo habilidades para o proceso da lectoescritura como son a coordinación óculo manual e adquisición de nocións espaciais dun xeito lúdico
Os quebracabezas ademais de ser un entretemento, exercitan a memoria visual, desenvolven a motricidade fina e potencian habilidades lóxico matemáticas entre moitos dos seus beneficios.
Hoxe xogamos a identificar figuras planas e a recoñecer e nomear a forma circular. Buscamos na aula obxectos circulares, repasamos o seu contorno e experimentamos a súa propiedade de xirar. Este é un dos vídeos que na vimos na clase