Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

Fin do primeiro trimestre de curso

Imaxe
Chegamos ao final do primeiro trimestre e participamos nunha celebración de Nadal cos compañeiros de Infantil. Tamén tivemos a visita do Carteiro real que recolleu as nosas cartas aos Reis Magos e agasallounos cunha bosa de chuches. Finalmente merendamos Roscón de Reis. Agora toca descansar en familia e pasar un bo Nadal. Ata á volta, peques!

Manualidades de Nadal

Técnicas Plásticas no Nadal'18

Series de dúas cores

Imaxe
Coa seriación iniciámonos no mundo da lóxica-matemática, comparando, clasificando e organizando o pensamento. Hoxe formamos unha serpe cos bloques de construción realizando unha serie de dúas cores

Visitamos o Belén de Begonte

Imaxe

Aniversarios de decembro

Imaxe
Parabéns para Aroa, Lucas, Yerai e Sara!

Representación do Nadal

Imaxe
Hoxe representamos o nacemento de Xesús acompañados da fermosa panxoliña "Nadal de Luintra"de Berrogüetto

Nadal

Imaxe
Todos os espazos comúns do noso cole están decorados con motivos de Nadal e Advento. No corredor do noso piso temos un fermoso mural coas figuras do belén personalizadas coas nosas cariñas. Os de tres aniños somos as estrelas e na nosa aula temos un belén con figuras de cartolina que nos encanta. No Nadal é tempo de compartir e colaboramos aportando os nosos xoguetes para realizar un intercambio de regalos para as vacacións.

Día da Constitución

Imaxe
Conversamos sobre a importancia das normas e os dereitos. Atendemos ao conto "Problemas no bosque". Finalmente decoramos unha lámina que representa unha clase nun colexio logo de destacar a importancia da educación para as nosas vidas: "Que pasaría se non existise o colexio?". É necesario que a educación sexa un dereito para todos.