Partindo da importancia que ten para a saúde alimentarse ben e seguir unha dieta equilibrada, os nenos aprenderán a coñecer e coidar o seu corpo, e identificarán os profesionais que, co seu traballo, contribúen ao coidado da nosa saúde. Tamén van recoñecer as partes do seu corpo e da súa cara, así como os órganos dos sentidos, á vez que valorarán a súa identidade sexual, diferenciando entre nenos e nenas. Imos facer un percorrido pola rúa observando os elementos que a conforman e o seu mobiliario, vinculando eses elementos á saúde e os coidados corporais. Por exemplo, o parque (onde se pode practicar o exercicio físico), as tendas relacionadas coa alimentación e o coidado do corpo, os restaurantes (onde está presente a dieta mediterránea europea)… Así mesmo, faremos fincapé na importancia de utilizar adecuadamente os utensilios de cociña para previr accidentes domésticos. Durante o desenvolvemento desta unidade, pretendemos alcanzar os seguintes logros: Identi