Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2019

O baúl dos disfraces

Hoxe vestímonos cos disfraces que temos no baúl de disfraces de Infantil. Xogamos no recreo así vestidos e e convertémonos e superheroes, mosqueteiros, indios, piratas, policías, doutores, espantallos, orientais, soldados, gatos,... O Baúl dos disfraces

Libros de Lara

Imaxe
Hoxe Lara trouxo dous novos libros para o noso recuncho motivador: 100 animais do mar e 100 animais da granxa e do campo

Nova e última leiteira conseguida no xogo das vogais

Imaxe
Rematamos o xogo... Pero xa sabemos que a vaca Lola vai volver a esconderse  nalgún outro momento. Aquí vos deixo o xogo completo. Foi un traballo intenso pero que se compensou co resultado e a boa acollida.

A cultivar

Hoxe conversamos sobre as plantas cultivadas e as plantas silvestres. Falamos do que se necesita para cultivar unha planta: sementes, terra, auga, aire e luz do sol. Hai tempo que no noso cole, na terraza dunha clase de Primaria, hai un pequeno horto e aproveitamos para plantar en dúas macetas: Unha con perexil e outra con flores. Iremos observando e coidando a nosa plantación con frecuencia. Cultivamos

Nova leiteira conseguida no xogo das vogais

Imaxe
Hoxe realizamos o Reto 2 para conseguir  unha nova leiteira no xogo das vogais e así estar mási cerca de atopar á vaca Lola. O reto de hoxe foi moito moi doado e divertido. Cantar sempre nos encanta! PROBA 2 Canta a canción coa letra que saíu: Por exemplo, se saíu a a, débese cartar: "... Y hace ma". Se sae a e,: " ...Y hace me",...

Asumimos cargos de responsabilidade

Imaxe
A asignación de cargos é unha método de aprendizaxe moi utilizado nas aulas de Infantil para asumir responsabilidades e implicarse na organización da aula. Ademais é unha tarefa moi ben acollida por todos. Hoxe fixemos o noso cadro de encargados.

Clasificamos animais atendendo ao seu hábitat: Terrestres,acuáticos e aéreos

Imaxe

Os murais de Laura e o libro de animais de André

Imaxe
André trouxo un libro de animais salvaxes para o noso recuncho motivador e acompañouno cun león, un elefante e unha xirafa. Laura aportou tres murais: De paisaxes, das mascotas do seu avó e de plantas silvestres con fotografías moi chulas.

A porta das emocións

Imaxe
O saúdo personalizado para recibir ao alumnado na clase está a ser unha práctica educativa en moitas aulas. Traballamos así a afectividade con nosos peques dunha forma ademais educativa, pois xestionamos as emocións dun xeito divertido. A nosa porta das emocións pretende ser unha rutina de intercambio de afectos para entrar cada día na aula cun sorriso.

As vogais gamificadas

Imaxe
Gamificar é facer uso de xogos e as súas mecánicas en ámbitos que non teñen por que ser lúdicos. A aprendizaxe das vogais non é unha tarefa doada por iso imos intentar facela máis divertida cun proxecto gamificado que preparei. A gamificación en Infantil ten que contar igualmete cunha narrativa, unha serie de retos, probas, recompensas... Narrativa: Presentamos a coñecida vaca Lola que tanto gústanos cantar:   Pero a profe escondeuna e e agora témola que atopar Retos: O cencerro sabelotodo ten a solución. Para poder sabela debemos darlle leite máxico que lle ensinará a falar. Xogaremos en cinco equipos. O Cencerro necesita 3 leiteiras cheas de leite para poder contarnos onde está a vaca Lola.  Cada proba (reto) superada consegue encher un cubo de leite máxico.( 1 punto= 1 cubo)  Cada leiteira énchese con cinco cubos de leite ( 1 punto de cada equipo)  Para conseguir leite máxico hai que superar as probas(retos).  Para contabilizar os logros usa

Onde está o teu nome?

Imaxe
Comezamos a identificar o noso nome escrito. Primeiro observamos como se escribe  e pouco a pouco o identificamos entre varios.

Usamos o punzón

Imaxe
A técnica do picado consiste en trazar unha figura con puntos perforados, mediante o punzón.  Co uso do punzón concéntranse, relaxan e melloran a motricidade fina, estimulando a orientación espacial e a coordinación óculo-manual.  Traballar a motricidade fina favorecerá a aprendizaxe da escritura favorecendo unha correcta grafomotricidade.

Máis aportacións para o recuncho de animais e plantas

Imaxe
Mural de plantas e flores silvestres de Valeria Montes. As plantas silvestres crecen na natureza sen que ninguén as coide. Para desenvolverse, só necesitan as condicións ambientais adecuadas. Estas plantas teñen maior calidade biolóxica que as cultivadas, porque non foron manipuladas polas persoas para o seu aproveitamento. Moitas comercialízanse pola súa beleza ou polas súas propiedades medicinais. Contos de animais de Álvaro e Iris

Animais terrestres e acuáticos

Imaxe
Indira aportou para o noso recuncho uns animais que clasificamos polo seu hábitat

Recuncho de motivación para o proxecto de animais e plantas

Imaxe
Valeria aportou un libro das mascotas para o noso recuncho. Coñecer os animais máis comúns que conviven na contorna familiar (os seus coidados, os seus costumes, a súa maneira de relacionarse…) implica falar da responsabilidade. Ter animais na casa require coidalos adecuadamente e tratalos con actitudes de afecto e respecto.

EIXE 3: Animais, plantas e paisaxe

Imaxe
Os animais é un tema que apaixona aos nenos e nenas, xa que son un dos elementos da contorna natural máis significativos e motivadores para eles, servíndolles como elemento de xogo, observación e goce. Nesta unidade achegaremos aos nenos ao seu medio natural: Observarán as características externas dos animais, os seus desprazamentos e como está recuberto o seu corpo, e comprobarán que as plantas poden ser silvestres ou culti­vadas. Por fin, aprenderán a coidar e respectar o resto de seres vivos, valorando o medio natural e recoñecendo a súa importancia para a vida das persoas. Por iso, imos tra­ballar os parques naturais, como un excelente lugar para coñecer gran variedade de plantas, animais e insectos con características moi diferentes. Así espertaremos o interese dos nenos por descubrir os animais e plantas da súa contorna. Ademais das rutinas que sempre realizamos, pretendemos alcanzar os seguintes logros: Valorar a importancia dos animais e plantas  Gozar do con

Asociación de números con cantidades

Imaxe
Estamos a traballar xa co número 3 e xogamos a contar hasta 3 a través do xogo do vaso e as pinzas. A manipulación das pinzas ademais axúdanos a mellorar a  nosa motricidade fina.

Partcipamos nas I Xornadas TIC do cole

Imaxe

Aportacións de Valeria L. e Indira

Imaxe
Valeria trouxo uns "cromos" de distintas partes do corpo e un libro dos Bolechas: "Papá Bolecha doa sangue" Indira aportou un fantástico mural dos sentidos Temos xa cheo o noso recuncho do corpo e os alimentos . Moitas grazas!

Cumple de Valeria López

Imaxe
Hoxe, por fin celebramos o aniversario de Valeria. Xa pasou un mes pero os virus do inverno non deixaron que apagáramos antes a vela do número tres no cole. Parabéns para ti, benxamina!