Chegou a primavera e na contorna prodúcense moitos cambios: floración das plantas, cambios no clima, aumento da cantidade de insectos nos xardíns (bolboretas, abellas, formigas…). A nosa aula pretende reflexar eses cambios
Hoxe conversamos sobre a importancia da auga para a o planeta e a necesidade de coidala para que nunca nos falte. Fixemos un mural sobre o tema mentres cantamos a canción "Agua es" e aprendemos con Caillou a coidar a auga. Tamén lemos un precioso libro que hoxe aportou Aroa sobre o ciclo da auga.
Hoxe celebramos o Día da Árbore conversando sobre a importancia das árbores para o ser humano. Tamén observamos diferentes tipos de árbores, especialmente da amendoeira para finalizar cunha manualidade sobre esa árbore e as súas fermosas flores. Tamén conversamos sobre o Día Mundial da Poesía, recitando en eco poemas de Gloria Fuertes e ademais Lara deunos unha sorpresa cun poema de Rosalía de Castro.
Recoñecer e aprender a escribir progresivamente o propio nome ademais de ser unha tarefa moi motivadora, é tamén una das primeiras actividades que nos achegan á lectoescritura. Temos escrito o noso nome en distintos recunchos da aula e ademais estes días tamén están expostos na pizarra formando unha nube de nomes para aprender a recoñecer cada un. Un dos espazos que leva os nosos nomes é a propia mesa de traballo e aínda que cada un ten o seu propio ritmo, aproveitamos a referencia da mesa para iniciarnos na aprendizaxe de escritura do nome.
Ángela e Aroa non puideron asistir ao desfile de Entroido deste ano pero hoxe saíron as dúas guapísimas cos seus disfraces que agardaban por elas para convertirse tamén en pequenos Mozart.
Deixo aquí un vídeo que preparei para traballar a igualdade a partir da canción TODO PODE SER de La guagua co fin de conmemorar o Día Internacional da muller cada 8 de marzo. Desde a escola debemos contribuír a un mundo sen esteriotipos, sen brechas de desenvolvemento e coas mesmas oportunidades para homes e mulleres. TODO PODE SER from M Carmen R. Lage on Vimeo .
A semana do 25 de febreiro ata o 1 de marzo realizamos varios obradoiros de Entroido con distintas actividades plásticas para rematar o venres coa festa do colexio: merenda, disfraces e desfile coa temática da MÚSICA como fío conductor. Lamentablemente non puiden asistir e disfrutar desta festa final que con tanta ilusión preparei pero sei que resultou unha xornada fermosa. Xa máis recuperada deixo reportáxe gráfico deste ENTROIDO 2019 Entroido 2019