Reciclamos

Imos por fin poñer en práctica, dende a nosa aula, todo o que levamos traballado sobre a necesidade de separar os residuos para protexer o medio ambiente. Temos todo o cole disposto a aplicar a regra das tres erres: reducir, reutilizar e reciclar. Na planta baixa do cole temos o recuncho da reciclaxe decorado cun fantástico tren enmarcado no fermoso mural realizado pola pintora Irma Loureiro. Na clase tamén temos papeleiras das cores axeitadas para a correcta separación de residuos Estamos seguros de que con estes xestos o noso planeta pode ser un lugar mellor. Cando remata a xornada podemos baleirar as nosas papeleiras no vagón de tren do recuncho da reciclaxe , prestando atención a cada cor.