O gnomo contounos que tiñamos que buscar en ESCOCIA. Preparamos o noso traxe especial de aprendiz de pócimas e pasamos polo castelo de Eilean Donan ttps://www.eileandonancastle.com/ No castelo, coas gafas descubrimos que nun pergamino agochábase a pista definitiva Recurrimos á Rutina de pensamento : "OBSERVO, PENSO , GUSTARÍAME SABER" aportando datos para investigar sobre o pergamino e así descubrimos o Lago Ness e a lenda do seu monstrou. E, p or fin atopamos as gotas máxicas que andabamos buscando! Despois aprendemos a canción dos monstruos e debuxamos o mostruo Nessi no Lago Ness do noso Caderno de viaxe e no Diario de Creatividade os nosos propios monstruos xeniais.