As regretas Cuisenaire son un material que nos permite traballar as matemáticas con accións como medir, comparar, realizar equivalencias, formar figuras, descompoñer números etc. Os primeiros pasos coas regretas partirán do xogo libre que nos levará a actividades como formar escaleiras (traballando a serie numérica) e as primeiras iniciacións á suma (toman as regretas de dous números que queren sumar, póñenas unha a continuación da outra e buscan a regreta que sexa tan longa como a fila que teñen).