Xa temos dúas estrelas no noso carné de detectives e só nos queda un misterio por resolver. Coas lanternas descubrimos que hai unha cadeira desaparecida na Sala de Artes Decorativas. Temos nova misión!!
Hoxe traballamos o sentido do gusto para diferenciar alimentos doces e salgados coas aportacións das familias. Investigamos, clasificamos e finalmente experimentamos os sabores. Insertar en Blog
Hoxe, día de San Valentín, creamos corazóns para agasallar aos que máis queremos: mamá, papá, amigos e amigas, ou a calquera que teñamos no noso corazón, como di a canción que estivemos a escoitar Feliz día do amor e da amizade!
Progresivamente o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) consolídanse como aprendizaxes básicos da escola. Ao longo de toda a semana utilizamos as TIC como ferramenta de traballo , como instrumento cognitivo e como recurso didáctico ( conversamos sobre os buscadores de información en internet, identificamos as partes dun ordenador: periféricos, traballamos a competencia dixital cos lectores de QR, etc) Na xornada de apadriñamento os maiores foron os nosos titores e ademais de traballar no uso do Paint, poidemos disfrutar dunha experiencia didáctica moi enriquecedora tanto para nós como para os nosos padriños. Debuxos realizados na "Xornada de apadrinamento" co programa Paint