Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

Divertímonos na casa

Imaxe
A Valeria López  gústanlle as manualidades e así de chulas quedan.

Divertímonos na casa

Imaxe
Yago xoga ao xadrez con papá

Divertímonos na casa

Imaxe
Que fai  Valeria para divertirse na casa? Un agasallo para papá Un foguete da NASA coa sinal de OX, recibido! Pinche de cociña! Un supermural do arco da vella!

Teleasamblea

Imaxe
Grazas familias, foi xenial poder conversar un pouquiño cos que puidestes conectarvos!!

Titorial sobre recursos dispoñibles para a clase

UNIDADE DE APRENDIZAXE 3 ( A Cápsula do Tempo)

Imaxe
DOCUMENTO EN PDF

Qué é a NASA? Que son los "hologramas"?

Imaxe
A nosa próxima Misión con Benito Bechamel vai ter relación coa NASA. Comentamos en familia que A NASA  é a axencia espacial máis importante do mundo. Dedícase a explorar e investigar o espazo. Realiza moitas misións espaciais en foguetes con astronautas. Obeservamos e conversamos sobre estas imaxes e vídeo:

O ciclo da auga

Imaxe
Conversamos: Descargable: PALABRA DO DÍA:

Día da auga

Imaxe
Xogos Descargable: PALABRA DO DÍA

Día da árbore e da Poesía

Imaxe
Aprendemos a importancia das árbores e os seus coidados nestos vídeos: Para colorear: Para traballar o Día da Poesía (poemas de animais): PALABRA DO DÍA

Millóns de grazas!

Imaxe
Relagos que chegan ao corazón. Síntome moi, moi afortunada, moi, moi agradecida e con moitas ganas de poder abrazarnos! Seguiremos aprendendo desde casa!

Taboleiro de exposición

Imaxe
Abrimos un taboleiro de exposición das tarefas que me estades a enviar e así sentirnos máis motivados a traballar desde casa Máis información en Na clase de Carmen (aprende desde casa)

Aniversario de Salma

Imaxe
Hoxe está de cumple Salma. Parabéns para ti!

Regalito para papá

Imaxe
Mamis, temos un reto: que papá non se entere e poder darlle mañá unha sorpresa! Sssss!

Saúdos de Beni

Imaxe
Seguimos en contacto: AQUÍ

Na clase de Carmen (aprende desde casa)

Imaxe
Créase unha nova páxina web para tentar garantir a atención educativa durante o período establecido polo Goberno de peche das aulas. A ilusión de compensar a educación presencial vainos acompañar. Pincha na imaxe para acceder:

Rematamos a misión de Intriga no museo

Imaxe

Investigamos contos

Imaxe
Con estas actividades finalizamos as xornadas de coeducación en torno ao 8 de marzo, Día da Muller

A muller da miña vida

Imaxe
Participamos na exposición colectiva de todo o colexio debuxando a muller que eleximos como importante para nós.

Maqueta de Lucas L.

Imaxe
Lucas fixo coa súa familia unha fantástica maqueta dunha sala dun museo que ademais agocha sorpresas que hai que decubrir cuns prismáticos que tamén elaborarou.

Heroínas ( y V)

Imaxe
Con María Pita finalizamos a semana de homenaxes a distintas Heroínas.Dela aprendemos que foi unha muller valente, símbolo de loita pola xustiza e a liberdade. Rematamos o recuncho co mural de Lara de Florence Nightingale María Pita de Carmen R Lage

Visita de Cuchufleta

Imaxe
Hoxe tivemos unha sesión de contacontos da man de  Cuchufleta , colaboradora da Editorial Edelvives. Foi moi divertido! Moitas grazas!

Heroínas (IV)

Imaxe
Florence  Nightingale Este 2020 a OMS proclámao Ano Internacional da Enfermeira e a Matrona, polo bicentenario do seu nacemento. Florence de Carmen R Lage

Heroína de Indira e Mural de Concepción Arenal de Lara

Imaxe
Como nestes días, Indira achegounos un novo mural de Mérida, a súa heroína favorita, da fantástica película de Disney, Brave, que rompe cos estereotipos das tradicionais princesas Disney. Lara tamén fixo como cada día un mural, nesta ocasión de Concepción Arenal. Moitas grazas, familias, polas aportacións!  

Sumamos con "palitos"

A través da realización de "palitos" (ou calquera outro elemento: puntos, dedos, etc) podemos garantir a correcta adquisición  do conteo, asociamos números ao seu  cardinal, comparamos cantidades, aprendemos  equivalencias e iniciámonos en operacións aritméticas (suma)

Heroínas (III)

Imaxe
Concepción Arenal foi hoxe a elixida para o noso recuncho de Heroínas. "Disfrazarse" de home foi a parte da súa biografía que máis nos impresionou. Concepción Arenal de Carmen R Lage

Novos murais de Indira e Lara: Teresa de Calcuta e Clara Campoamor

Imaxe

Heroínas (II)

Imaxe
Hoxe Clara Campoamor tomou protagonismo no noso recuncho de Heroínas. Conversamos sobre que é votar, a súa importancia e evidentemente sobre o dereito universal que representa. Clara Campoamor de Carmen R Lage

Achegas para o recuncho das heroínas.

Imaxe
 Lara aportou un mural de Rosa Parks e Indira outro de  Malala Yousafzai

Heroínas

Imaxe
Your browser does not support the video tag. Ao longo desta semana realizaremos uns obradoiros dedicados cada día a unha muller que lograse na súa vida un mundo máis xusto e equilibrado. Coñeceremos a súa biografía, destacaremos o seu labor e renderémoslle homenaxe a través dunha exposición do personaxe con distintas técnicas cooperativas. O primeiro é para ROSA PARKS R osa Parks de Carmen R Lage

Deseñadores de cadeiras

Cada día gústame máis o Diario de Creatividade de Raul Bermejo. Encántanme as creacións dos meus peques. Séntese capaces, séntense artistas, séntense importantes porque efectivamente son capaces, son artistas e son importantes ♥️♥️♥️. Hoxe deseñamos a nosa cadeira máis especial con diferentes técnicas despois de conversar sobre as súas utilidades e posibilidades.