Participamos nesta actividade colaborativa da man do Equipo de Pastoral do noso cole que cada ano nestas datas achéganos á figura de María. Moitas grazas de novo pola vosa colaboración!
Nesta Semana Das Letras achegámonos á figura de Ricardo Carvalho Calero da man de Benito Bechamel e aproveitamos para traballar algúns dos elementos e manifestacións culturais propios da nosa comunidade.
Este ano, dun xeito moi especial, por todo o que aportades aos vosos fillos e fillas, por todo o que eles e elas significan para vós, por todo o que xuntos conseguimos, por o papel tan imprescindible que supoñedes, por TODO: Feliz Día! Cada día xa o facedes especial, pero se necesitades algo máis, aquí vos deixo algunha proposta:
Isto é só un resumo, Hai moito máis que podería mostrar e moito o que teño que agradecer. O esforzo de todos para conseguir ir da man 💕 nestes difíciles tempos merece unha homenaxe e a miña máis sinceira gratitude.
Santa Luisa de Marillac, xunto con San Vicente de Paúl é a fundadora das Fillas da Caridade. N este día podemos coñecer un pouco mellor a Santa Luisa, por medio dun vídeo e tamén colorear o debuxo que se adxunta. Finalmente podemos dar as grazas pola súa entrega a Deus, aos necesitados e ás Irmás da Caridade cunha oración. Se o desexas podes enviarnos o teu debuxo de Santa Luisa ao correo da profe. ORACIÓN PARA O 9 DE MAIO Luisa, hoxe celebramos a túa festa. Ti es a miña amiga. Coñeces aos meus outros amigos? Gustaríame tanto que os coñeceses! Sabes o que facemos? Sobre todo xogamos xuntos, ás veces enfadámonos, pero sempre nos perdoamos, como ti nos ensinas. Ti es estupenda! Dámosche as grazas polo que fixeches, Tentaremos imitarche. Axúdanos a realizalo con ilusión e esforzo.
Imos investigar sobre os medios de transporte: clasificación polo seu desprazamento (terra, auga ou aire), sons, inventos relacionados, seguridade vial,...