Hoxe foi xornada de reencontro, de novas normas, de máscaras e distancias. Conversamos sobre os nosos tres superpoderes para combater ao virus que afastounos dos bicos e as apertas. As mans limpas, as distancias e as máscaras serán os nosos superpoderes. Hoxe limpamos moitas veces as mans, rimos, cantamos, bailamos, pintamos e aprendemos coas máscaras postas e un monstruo ensinounos como debemos usalas correctamente. Tamén comemos e bebemos descansando a nosa cariña do seu uso. Xogamos no recreo a correr e pillar. Fixemos asemblea gardando tanto quendas coma distancias, podendo conversar e expresar as nosas vivencias que tanto nos gustan. Coloreamos con pinturas novas nun estoxo para cada un, e sentimos que o cole volvía a formar parte das nosas vidas. Grazas, peques, por aprender tan rápido. Benvid@s, meus!