Estreamos a primavera decorando e conmemorando o Día da árbore versionando 𝓐 á𝓻𝓫𝓸𝓻𝓮 𝓭𝓪 𝓿𝓲𝓭𝓪 de Klimt e o Día da auga con caligramas. Conversamos sobre a importancia do seu coidado para os seres vivos e como podemos contribuír para ter un planeta con auga e árbores ben coidados. Aproveitamos tamén para observar como medra o castiñeiro que prantou Lara co seu avó.
Superemocionadxs anunciamos o estreno da nosa peli " Buscando a Acis " da man de Croqueta Producións. Acis é o nome que eleximos para o vilán e o título tamén é cousa dos peques. Mañá, gran estreno 🎥🎞️🥰🥰
O diferenciación de dereita e esquerda é unha das aprendizaxes máis complexas e progresivas que tomará como referencia o eixo corporal e a simetría do noso corpo. Comezamos a súa aprendizaxe partindo da fase vivencial no que sinalamos con manguitos de distintas cores o noso brazo dereito e esquerdo realizando xogos de identificación cos ollos abertos e pechados.