Imaxina unha noite estrelada...🖼️🎨🖌️ Con esa consigna é inevitable recordar a Van Gogh. Non pode gustarme máis🥰 o resultado, aínda que o proceso foi un total disfrute.
Hoxe, no Día do Libro participamos entre outras, nas actividades de "Un libro, un maravedí" de intercambio de libros e na sesión de contacontos por parte dos maiores do cole. Felices lecturas!
Non podo estar máis orgullosa dos grandes escritores e escritoras que teño na clase. Encantáronme tanto que decidín gravalos todos. Moitísimos parabéns, familias!
Nesta semana aprendemos a importancia de medrar desde dentro con actitudes de axuda, esforzo, amor,... semellando o crecemento dunha semente que medrou cada día da semana. O broche misioneiro foi o resultado de todos os logros de cada día. Moitas grazas a todxs pola colaboración!
Temos un foguete ao que chamamos "Volador". Cando estamos dentro adiviñaremos o que podemos ver a través da súa xaneliña. Tamén un móbil do sistema solar axudaranos a coñecer o nome dos planetas e algunha das súas características.