Neste mes participamos cunha ofrenda de flores de todas as clases a María, no oratorio do cole, de xeito individual e escalonado, respetando o protocolo Covid. Ao mesmo tempo ofrecemos a lectura dun sinxelo poema a María.
Na segunda quincena de maio participamos neste programa de froita na escola para mellorar nos hábitos alimenticios e que hoxe rematamos. As "merendas" destas xornadas foron moi ben aproveitadas con plátanos, mazás, peras, arandos, ameixas, amorodos e nectarinas 😋😋
Os valores de autonomía e esforzo axúdanlles a desenvolver seguridade e habilidades para enfrontarse aos pequenos retos e o desenvolvemento de actitudes e aptitudes. O atado dos cordóns non é tarea doada pero cun pouco de paciencia e esforzo formará parte da propia rutina persoal. Empezamos con moita ilusión, pero non podemos esperar que sexa doado. A intención é o importante. A destreza mellorá co tempo, aínda que hai compañeiros moi habilidosos xa.
Os meus artistas conseguiron ser ilustradores dixitais e o resultado gustounos tanto que estabamos desexando levarllo ás familias.🖼️🖱️ Agardo que foran do voso agrado.
Non é doado aprender o nome dos meses do ano na súa orde e temos escoitado moitas cancións que nos axudaron a aprendelos, pero aínda tiñamos algunha dificultade. A sorpresa foi hoxe cando improvisei unha nova canción e a maxia da música en directo provocou un xenial resultado para aprendelos.
Hoxe celebramos o día de Santa Luisa de Marillac, cofundadora con San Vicente de Paúl das Fillas da Caridade. Cada 9 de maio é un día moi especial para os colexios Vicencianos.
Hoxe creamos unha grande estación espacial reciclando rolos de papel hixiénico para crear os nosos propios foguetes. É xenial comprobar como os xoguetes elaborados reutilizando distintos materiais convértense nun superxoguete para os peques.