Primeiros pasos cos máis peques do cole. Por diante agárdanos moitas aprendizaxes e logros por acadar. Comezamos co Período de Adaptación aos novos espazos e tempos. Traballaremos os hábitos, as habilidades sociais, as emocións e iniciarémonos na manipulación de distintos materiais que permitan favorecer o desenvolvemento das destrezas motoras. A plastilina é un deses materiais que permiten conxugar xogo, diversión, concentración, toma de decisións e un fantástico traballo da motricidade fina. Benvidos e benvidas!