Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2021

Mudámonos!

Imaxe
 Podes seguirnos no novo blog. Pincha na imaxe para entrar AGARDÁMOSTE!

Celebramos o Día Internacional das Bibliotecas

Imaxe
  Conversamos, escollemos contos para que a profe nos lese e xogamos a aprender máis dos libros. Your browser does not support the video tag. Máis libros: 

Resumo do Primeiro Desafío "Misterio das Pegadas"

Imaxe
 

Visitamos a biblioteca escolar

Imaxe
 Hoxe coñecemos un pouco máis o noso cole achegándonos ao segundo piso para visitar a biblioteca escolar e participar no sistema de préstamos de libros.

Repasamos as liñas da man

Imaxe
Estamos a investigar pegadas e descubrindo que, se nos fixamos ben, podemos adiviñar a quen pertencen pois hai moitas diferentes. Observando as nosas mans, custábanos un pouco ver os debuxos das pegadas dactilares pero si fomos capaces de ver as liñas da palma da nosa man. Para que resultase máis doado, repasamos con rotus borrables as nosas liñas e foi realmente unha experiencia que nos axudou a mellorar a motricidade fina, a pinza dixital e a coordinación óculo manual mentres nos divertíamos moitísimo.

Bandexas sensoriais de outono

Imaxe
Coa manipulación e a experimentación obtemos gran información da contorna. A través do tacto desenvolvemos sensacións e percepcións que serán a base de procesos cognitivos superiores.

Como é un cole?

Imaxe
Aproveitando o agasallo de @mabs_and_mama  da maqueta dun cole puidemos coñecer un pouco máis un cole por dentro e por fora e mesmo contamos cun bus escolar personalizado.

Para xogar e aprender sobre o outono

Imaxe
  Your browser does not support the video tag.

Retratistas

Imaxe
Fundas de plástico para debuxar sobre a nosa cara cada unha das súas partes con xiz líquido. Ao finalizar colocamos un folio branco dentro e xa temos un retrato do noso compañeiro ou compañeira. Para completalo recorremos á tecnoloxía e os coloreamos editando os retratos cun efecto artístico.

Aniversario de Grace

Imaxe
 Parabéns para ti!

Partes da cara

Imaxe
 Traballamos as diferentes partes da cara xogando co noso propio corpo, con xogos de composición e creación de caras con distintos elementos, con cancións mimadas e finalmente animámonos a debuxala.

O poder dos gomets!

Imaxe
Co uso do gomet traballamos a motricidade fina, a pinza dixital, a coordinación óculo manual, a orientación espacial, a direccionalidade, a atención, a seriación, a toma de decisións, a serie numérica,… e que ademais achega unha gran motivación Poderoso o uso do gomet!

Aniversario de Mariña

Imaxe
3 aniños! Parabéns para ti!