Repasamos as liñas da man



Estamos a investigar pegadas e descubrindo que, se nos fixamos ben, podemos adiviñar a quen pertencen pois hai moitas diferentes.
Observando as nosas mans, custábanos un pouco ver os debuxos das pegadas dactilares pero si fomos capaces de ver as liñas da palma da nosa man.
Para que resultase máis doado, repasamos con rotus borrables as nosas liñas e foi realmente unha experiencia que nos axudou a mellorar a motricidade fina, a pinza dixital e a coordinación óculo manual mentres nos divertíamos moitísimo.


Comentarios

Publicacións populares deste blog